Xa están aquí as II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN que organizamos este ano conxuntamente coa DEPUTACIÓN DE LUGO – TERRAS DO MIÑO, o CONCELLO DE RÁBADE e a colaboración da Asociación Galega para a Custodia do Territorio. Este ano terán lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL de Rábade, o fin de semana do 26, 27 e 28 de setembro.
O tema elexido para este ano será o da MADEIRA ESTRUTURAL, contemplando nas xornadas un total de 14 conferencias e 4 obradoiros prácticos sobre diferentes temáticas dentro do sector. Quixemos abarcar dende a extracción, xestión dos montes, historia do uso e tipoloxías das madeiras usadas aquí en Galicia, así como todas as aplicacións e sistemas constructivos innovadores, onde poderemos escoitar dende relatores sobre a madeira laminada, contralaminada, madeira maciza. Ademáis contaremos con un gran número de profesionais que darán información sobre as propiedades e comportamentos da madeira. O obxectivo de estas xornadas é aumentar o uso da madeira estructural en edificación xa non só dende o punto de vista da bioconstrución senón por moitos outros criterios como poden ser a durabilidade, a doada posta en obra e tempos de colocación, a beleza e o confort térmico. Esperamos que vos animedes a traer dúbidas técnicas para comentalas entre todas as asistentes e especialistas, tomando estas un ano máis xornadas como un punto de referencia para o encontro entre profesionais, usuarias e autoconstructoras para resolver dúbidas e compartir coñecementos.
Noticias relacionadas
“II FEIRA DE ENERXÍAS LIMPAS E CONSTRUCIÓN BIOCLIMÁTICA” sábado 11 y domingo 12 de junio de ...
La paja es uno de los materiales de construcción más antigüos conocidos. Combinado con el barro ...
1 al 24 Abril 2011 EN EL CENTRO DE CAPACIPACIÓN MEDIOMBIENTAL DE VALDEIGLESIAS S. MARTÍN DE ...
XIII JORNADAS DE ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA SANTIAGO de COMPOSTELA, NOVIEMBRE DE ...
Comeza este venres un campo de traballo de novas técnicas de bioconstrucción e ...