Comeza este venres un campo de traballo de novas técnicas de bioconstrucción e autoconstrucción
20 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL
O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, xestionado por Amigos da Terra, acolle dende este venres, 20 de agosto, e ata o domingo 29 un campo de traballo alternativo, baseado no coñecemento de novas técnicas de bioconstrución e autoconstrución, o intecambio de experiencias entre os participantes e a súa aplicación práctica a través da realización de traballos colectivos no Centro.
Máis dunha trintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española e de profesións moi dispares daranse cita no Centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como un exemplo que demostra a súa realidade, segundo sinala Amigos da Terra.
“Dende Amigos da Terra pretendemos que este campo de traballo conforme un exemplo práctico e vivencial das técnicas bioclimáticas e materiais ecolóxicos existentes para a minimización dos impactos ambientais, sociais e que sobre a saúde, se xeran co noso xeito de vida. Un exemplo real de que é posible construír espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta”, explica o colectivo que promove un ano máis esta actividade.
Deste xeito, ao longo destes 10 días os participantes coñecerán os criterios para unha construción sostible, nocións sobre xeobioloxía, pinturas naturais, construción con balas de palla, arxila, parámetros bioclimáticos, enerxías alternativas, etc.
Así mesmo, e debido á gran demanda de xente interesada en participar no campo, aegura Amigos da Terra, haberá algunhas ponencias abertas ao público os días 21,22 e 25 de agosto, nas que se contará coa colaboración de expertos para tratar diferentes temas sobre bioconstrución e arquitectura bioclimática.
Noticias relacionadas
Xa están aquí as II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN que organizamos este ano conxuntamente coa ...
“II FEIRA DE ENERXÍAS LIMPAS E CONSTRUCIÓN BIOCLIMÁTICA” sábado 11 y domingo 12 de junio de ...
La paja es uno de los materiales de construcción más antigüos conocidos. Combinado con el barro ...
1 al 24 Abril 2011 EN EL CENTRO DE CAPACIPACIÓN MEDIOMBIENTAL DE VALDEIGLESIAS S. MARTÍN DE ...
XIII JORNADAS DE ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA SANTIAGO de COMPOSTELA, NOVIEMBRE DE ...