Informacion sobre Aspamite
ASPAMITE é a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional do concello de Teo que foi formada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade. Actualmente atende a 15 persoas no Centro de Atención Diúrna Ocupacional e a 10 persoas no Centro de Atención Diúrna Terapéutica.
. 629322601 https://aspamite.org/ Travesia das Galanas, 71 Calo 15886 Teo (A Coruña)15886, Calo - A Coruña
ASPAMITE é a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional do concello de Teo que foi formada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade. Actualmente atende a 15 persoas no Centro de Atención Diúrna Ocupacional e a 10 persoas no Centro de Atención Diúrna Terapéutica.
Ten o seu domicilio social en TravesÃa das Galanas, 71 – Calo – CP 15886 Teo (A Coruña), nun local cedido polo Concello de Teo durante 50 ****s e o seu número da tarxeta de identificación fiscal é G/15513641.
Os seus Estatutos foron visados e incorporados ao Rexistro Provincial de Asociacións, con data 17 de marzo de 1995. Posteriormente, foron modificados e inscritos na ConsellerÃa de Xustiza da Xunta de Galicia co nº 3911/1ª con data 15 de febreiro do 2005.
Rexistros nos que figura Aspamite e recoñecementos da Asociación:
Rexistro da ConsellerÃa da Vicepresidencia e do Benestar Social da Xunta de Galicia co número E-863.
Recoñecida entidade de carácter social dende o 25 de xaneiro de 2005.
Censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo con data 2 de novembro de 2001.
Declarada Entidade de Utilidade Pública segundo a Orde Ministerial 3014/2008 do 30 de setembro.
Convenio das prazas coa Xunta de Galicia dende o **** 2009.
O ámbito de actuación da asociación, comezou sendo o termo territorial do Concello de Teo pero na actualidade, atendemos tamén a persoas con diversidade funcional dos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Rois, Padrón e A Estrada.